Finou Agustín Fernández Paz: unha luz para transitar as noites máis longas

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz

Este martes amenceu levando canda si un dos autores máis valorados pola crítica, e sobre todo polo público. Edicións Xerais confirmaba a media mañá o pasamento de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947). Mestre e pedagogo de profesión, Fernández Paz era un dos escritores máis carismáticos do sistema literario galego. Autor de máis de medio cento de obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, moitas delas referencia inescusable para xeracións de mozos e mozas.

Dous bos exemplos da extraordinaria popularidade das súas obras son: Cartas de inverno (máis de 90 mil exemplares vendidos) e As flores radioactivas (50 mil). A maior parte da súa obra, moi premiada, trascendeu as nosas fronteiras e está traducida a todas as linguas ibéricas, coreano, árabe, francés, chinés, búlgaro, bretón, italiano e inglés.

Fernández Paz tamén entrou nos últimos anos no mundo da literatura para adultos con dúas novelas nas que tamén que deixou proba da súa sobresaínte calidade como narrador: Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarín. En 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Deixámosvos unha ligazón para coñecer un pouco mellor o universo deste mestre das letras:

Powered by WPeMatico

COMPARTIR