Calendario escolar 2016/2017

calendario-portadaO luns 12 o alumnado de Primaria, o segundo ciclo de Infantil e Educación Especial será o primeiro en volver ás aulas.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación final de bacharelato

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017 e en educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.

Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2016 e 30 de xuño de 2017, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

Alén dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2016/17 se celebrará o 31 de outubro de 2016.

Conmemoracións

1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.

– 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de
autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

– 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.

– 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase
na aula con xornais.

– 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.

– Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.

– 9 de maio de 2017: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente

Sensibilización respecto do colectivo LGBT

De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.

calendario1

calendario2

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*