Inicio » Actualidade » Treito final do ‘Galicia culturea’

Treito final do ‘Galicia culturea’

cultureando-galicia-cultureaDurante o mes de setembro aínda podemos gozar das actividades deste programa de lecer.

O ‘Galicia culturea’, percorre este verán Galicia co obxectivo de reforzar as celebracións festivas e o ocio estival con cerca de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística en 166 concellos.

Espectáculos de maxia, obras de teatro, obradoiros, exposicións, concertos, recitais de poesía e actividades de dinamización á lectura, entre outras propostas promovidas pola Consellería de Educación e Cultura e con propostas específicas nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Por exemplo, entre as próximas actuacións, ‘Palabras máxicas’, o venres 2 de setembro ás 19:00 no Espazo cultural da igrexa da Madalena, en Ribadavia e o domingo 4 de setembro ás 20:00 horas na Praza Maior de Pontevedra.

Na Axenda de Cultura de Galicia tedes toda a información das actividades para que gocedes neste treito final da época estival #cultureando! na Axenda de Cultura de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*