Santi Veloso: “A lectura iguala socialmente ás persoas”

Santiago Veloso

Dentro do proxecto “A lectura, unha chave de futuro” conversamos con Santi Veloso, unha persoa que á súa faceta docente suma un incansable activismo cultural. É a cara máis visible de Ponte nas Ondas, unha asociación que traballa na promoción do patrimonio común galego-portugués e que ten recibido numerosos premios e recoñecementos ao seu inxente labor.

Santi Veloso recíbenos na súa casa, emprazada nunha zona rural do municipio de Gondomar. Para el non hai dúbida ningunha: a lectura é unha ferramenta cultural que iguala socialmente ás persoas. Pero como fomentar o mundo dos libros entre os máis pequechos: “Hai que buscar as lecturas que poden activar  a cada neno ou nena”

Deixámosche o vídeo que recolle estas e moitas outras opinións sobre o fomento da lectura entre a rapazada.

Powered by WPeMatico