Volta á EcoEscola no Planeta Verde

lucas_trebonO Caderno Verde de Sogama inicia o curso con propostas para a educación ambiental.

Vai xa un tempo que coñecemos á Familia Trebón, un pequeno grupo formado por Carola e Anselmo Trebón, chegados do espazo exterior xunto con seu fillo Lucas e seu can Antenas para estudar como coidamos o planeta os terrícolas…

Estes simpáticos personaxes, canda seus amigos Lilia e Vito, teñen vivido un bo feixe de ecoaventuras. Acompañándoos, os máis pequenos das aulas poden aprender un chisco máis deses detalles da nosa vida diaria tan necesarios para conseguirmos un mundo máis sostible.

Xa que logo, a Familia Trebón rematou tamén as súas vacacións e é tempo de que Lilia, Vito e Lucas volvan á escola! No Caderno Verde de Sogama podemos acompañalos neste comezo do curso vendo como coñecen o que é unha “illa de reciclaxe”. Noutro episodio tamén podemos ver como Anselmo se mete a cociñeiro para celebrar o inicio do novo curso escolar.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*