Inicio » A fondo » Cristina Novoa: “Nais e pais son primordiais como exemplo lector”

Cristina Novoa: “Nais e pais son primordiais como exemplo lector”

É a máxima responsable da Asesoría de Bibliotecas Escolares e para moitos unha das principais referencias á hora de falar de animación á lectura en Galicia. Dentro do proxecto A lectura, unha chave de futuro, conversamos cunha muller á que aínda se lle iluminan os ollos ao falar da importancia de que acheguemos ao mundo dos libros aos máis pequenos.

“Aos pais hai que tratar de convencelos que o seu papel é primordial: como mediadores e como exemplo lector. Ningún pai che vai dicir que non quere a lectura para os seus fillos. O que pasa é que para moitos non está no seu contexto ou nunca a viviron. Non son lectores, pero iso non significa que non saiban que é boa para os fillos. Outra cousa é que perciban para que, ademais de para que outras cosas, ademais de para o desenvolvemento escolar, pode servir a lectura”.

Deixámosvos uns vídeos nos que se recolle parte dunha conversa máis que proveitosa. Na que se reflexiona sobre a animación á lectura dentro da casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*