IX Limpeza Simultánea de Ríos

proxecto-rios-limpeza-simultaneaHai un ano máis de medio cento de entidades sociais galegas axudaron a retirar por riba de 13 toneladas de lixo dos ríos galegos. Participaron no desafío un total de 691 voluntarios en 45 concellos de toda Galicia.

E o desafío da “Limpeza Simultánea de Ríos” volve un ano máis, da man da asociación ecoloxista Adega e o Proxecto Ríos. Todos os que queiran colaborar, a título individual ou como colectivo, sexa concello, centro de ensino ou outros, pode contactar con Adega a través dos teléfonos 981 57 00 99 / 619 672 038 ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal

A presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais, pero na nosa man está loitar contra esa situación. Este domingo 2 de outubro, móllate polos Ríos!!!

Xa de paso, aproveitamos para lembrarvos que o día anterior serán as XXIV Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*