VII Xornadas Galegas de Educación Ambiental

rp_diamedioambiente.pngOs días 14 e 15 de outubro no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Deberia ser a Educación ambiental un servizo público? Deberia ser a Educación Ambiental un dereito da cidadania, un deber das administracións? Queres analizar a situación actual e reflexionar sobre que haberia que cambiar na Educación Ambiental? Tes propostas para facelo? Xa te podes anotar nas VII xornadas galegas de Educación Ambiental. “A Educación Ambiental: un servizo público?” Podes comezar a facer as preguntas para cada unha das mesas debate, e a Sociedade Galega de Educación Ambiental farallas chegar a cada compoñente. As mesas serán:
Mesa debate 1: Políticas públicas de Educación Ambiental.
Mesa debate 2 : A Educación Ambiental no ensino.
Mesa debate 3: A Educación Ambiental, identidade e cambio social.

Haberá tamén café-debate, roteiro interpretativo en clave de xénero e de ambiente urbano, podes presentar a túa experiencia…

Venres 14 outubro 2016

16:00-16:30 Acreditacións.

16:30-17:00 Inauguración das xornadas.

17:00-19:00 Mesa debate 1: Políticas públicas de Educación Ambiental.

Contexto: A Educación Ambiental é un elemento anecdótico dentro das políticas públicas da administración. En liñas xerais, non

só non está considerada un servizo público senón que nin sequera está contemplada como un elemento estratéxico da acción

política.

Obxectivo: Coñecer a opinión das distintas administracións e partidos ao respecto do papel da EA como servizo público e como

elemento estratéxico das súas políticas.

19:00-19:30
Feira de experiencias con petiscos. Un espazo para que cada un/unha poida presentar as súas

experiencias.

Sábado 15 outubro 2016

10:00-12:00 Mesa debate 2 : A Educación Ambiental no ensino.

Contexto: A EA aparece de forma transversal no sistema educativo; isto fai que, no mellor dos casos, a súa presenza no ensino

estandarizado quede ligada á boa vontade do profesorado de cada centro. En paralelo, están a xurdir moitas iniciativas de

escolas libres que tratan á EA de maneiras moi distintas.

Obxectivo: Valorar o papel que ten e que debería ter a EA no sistema educativo e tamén os novos escenarios que se abren coas

escolas libres.

12:00-14:00
Café debate: Ambiente ou mercado?.

Contexto: A conservación do patrimonio está nunha dinámica de privatización crecente. Incluso con boas intencións como pode

ser o caso de moitos proxectos de custodia do territorio. As empresas tiveron que cubrir un espazo que a administración non

cubriu ou o fixo con medios moi limitados (tanto en recursos humanos como económicos). Consecuencia: sector

extremadamente precario e inestábel; as empresas non se poden dedicar exclusivamente á EA.

Obxectivo: Que postura tomar ante esta privatización e que papel ten que xogar a EA, de querer apostar por ser un servizo

público?. Que facer para cambiar esta dinámica e achegarnos á EA como servizo público?

16:00-17:30 Roteiro interpretativo.

17:30-19:30 Mesa debate 3: A Educación Ambiental, identidade e cambio social

Contexto: A EA como transcampo con “demasiados” temas que tratar… Se non sabemos moi ben nin “quen somos?”,

dificilmente imos saber “de onde vimos?” e “cara onde?”… Neste contexto, seguen aparecendo movementos, tendencias e

propostas ligadas aos campos que teoricamente conforman o transcampo da EA (decrecemento, ecofeminismo,..)

Obxectivo: Valorar como xestionar as distintas dimensións da EA e, se é pertinente, como integrar novas propostas emerxentes.

19:30-19:45 Muro de concusións: representación gráfica.

19:45-20:00 Cálculo da pegada ecolóxica das xornadas e transparencia.

20:00 Peche das xornadas.
Máis información e ficha de inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*