Inicio » Aula » “Te Cuento”, app para editar contos en lingua de signos

“Te Cuento”, app para editar contos en lingua de signos

app-te-cuento-plateroEstivemos probando esta aplicación para dispositivos móbiles creada pola Fundación CNSE para a supresión das barreiras da comunicación.

É unha interesante ferramenta enfocada á lectura de libros dixitais, aínda que neste caso a súa interface ofrece a posibilidade de visualizar vídeos en lingua de signos. A iniciativa xorde como apoio para familias e profesionais co obxectivo de promover o hábito da lectura e á vez da creación literaria entre a mocidade con xordeira.

Funciona ao modo de biblioteca virtual. Ao pulsar nunha icona, a pantalla disponse en forma de libro: ao carón podemos ver o texto e no seu caso o debuxo que o ilustra, e alén diso podemos ver o vídeo en lingua de signos que corresponde á páxina adxunta. A app estreouse coa obra ‘Platero y yo’, de Juan Ramón Jiménez. Actualmente incorpora tamén os contos: ‘La selva de Mario’, de Carlo Frabetti; ‘Silvia y su triciclo’, de Alfredo Gómez Cerdá; ‘Cuando Papá Noel se compró un camión’, también de Alfredo Gómez Cerdá, e ‘El ángel caído’, unha versión da obra de Jordi Sierra i Fabra. Incorpora un apartado, que precisamente dá título á app, “Cóntoche”, onde nenas e nenos poden crear os seus propios contos.

A Fundación xa traducira a lingua de signos española outros contos e obras tradicionais como La Celestina, El Lazarillo de Tormes, os poemas de Miguel Hernández ou Bodas de Sangure.
Pode descargarse gratuitamente no espazo Google Play (Atopamos que deixou de ser compatible con algunhas versións antigas de android):

play.google.com/store/apps/details?ide=tresandroides.tecuento

*Diario Educativo só recomenda apps que probou previamente para asegurarse e garantir que funcionan correctamente e son apps que cumpren as esixencias mínimas de calidade que buscamos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*