Animación literaria con Fran Alonso: ‘Contos nerviosos’ e ‘Poemas birollos para ler cos ollos’

fran-alonso-poemas-birollosO autor percorre Galicia cun espectáculo artellado a partir destas dúas obras.

Intelixentes, innovadoras e divertidas, as dúas recentes propostas de Fran Alonso para a rapazada son moi recomendables. Dunha banda, a proposta poética de ‘Poemas birollos para ler cos ollos’ é unha excelente ferramenta para achegar os cativos á poesía con frescura e sen complexos, nun gorentoso collage de imaxe e palabra. O debuxo fúndese coas verbas, e as rimas brincan polas páxinas dun xeito moi suxestivo e útil tamén para traballar emocións e conceptos. Animais, drons e piratas para unha abordaxe poética que vos fará pasar un bo tempo coa cativería.

Doutra banda, os ‘Contos nerviosos’ son un feixe de ocorrentes e rexoubeiras historias para gozar tanto maiores como pequenos. Do neno alérxico ao ruído pasando pola nena con delirio de raíña, un abano de personaxes ben paveros que agochan grandes momentos de lecer.

Este sábado 15 Fran Alonso estará co espectáculo en Santiago (en Cronopios, na rúa Alfredo Brañas, 24) e o próximo sábado 1 de outubro na Coruña (12:30 horas, na libraría Moito Conto, na rúa San Andrés, 35).

FRAN ALONSO LENDO ‘CONTOS NERVIOSOS’

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*