Día da Ciencia en Galego

Este día da Ciencia en Galego 2016 está adicado á Bioloxía. Alén do propio día 4, haberá actividades diversas nos vindeiros días.

Ademais a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes. Ademais como  resulta que Gregor Mendel traballou con legumes, en concreto con chícharos, para deducir as súas tres leis da herdanza, os organizadores da convocatoria propoñen a temática do descubrimento das leis da xenética como tema a tratar e a Cruz Gallástegui como o galego-basco que introduce a xenética en España.

No seu 68º período de sesións, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2016 Ano Internacional dos Legumes (A/RES/68/231). Para elo designou á Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) para facilitar a celebración do Ano en colaboración con gobernos, organizacións pertinentes, organizacións non gobernamentais e demais instancias. O Ano Internacional dos Legumes 2016 ten como obxectivo sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición. O Ano brindará unha oportunidade única de fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria para aproveitar mellor as proteínas derivadas dos legumes, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.

Por outro lado, o Parlamento de Galicia homenaxeu este venres a figura do sobranceiro enxeñeiro agrónomo e veterinario Cruz Ángel Gallástegui Unamuno como un dos principais dinamizadores da ciencia en galego, desde a súa faceta de divulgador e como colaborador das principais institucións da lingua propia, e da economía vinculada ao medio rural en Galicia.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, destacou a ampla traxectoria profesional de Gallástegui Unamuno, considerado o pai da modernización da agricultura galega como socio fundador da Misión Biolóxica de Galicia, un centro creado en 1921 e dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Así mesmo, tamén mencionou os nexos de unión entre o científico homenaxeado e o propio Pazo do Hórreo, posto que se trata dun edificio que albergou a primeira Escola Veterinaria de Galicia, anteriormente localizada no actual IES Rosalía de Castro, e que deu acubillo á Misión Biolóxica de Galicia ata finais dos anos 20, cando se trasladou a Salcedo, onde permanece actualmente a súa sede

Máis información en www.cienciaengalego.org/ e www.igaciencia.eu/

cartel-dia-ciencia-en-galego

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*