Inicio » A fondo » Do “mago rosa” a “Ranilda”, as pezas gañadoras do OUFF Escola

Do “mago rosa” a “Ranilda”, as pezas gañadoras do OUFF Escola

O certame de cine escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense, o OUFF Escola, é unha cita xa consolidada que chega con excelente saúde á súa VII edición. Disto dan testemuña os 120 traballos presentados ao concurso, nos que se involucraron 3.400 estudantes de educación infantil, primaria e secundaria.

Aquí podedes gozar de todos os traballos premiados:

Categoría de infantil e primaria
1ºPremio

CEIP Plurilingüe Otero Novas pola curta de animación “O mago rosa” (que obtén deste xeito o seu segundo recoñecemento, pois fora tamén distinguida no certame Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística)
“O mago rosa” pode verse directamente neste vídeo da web da CRTVG

2ºPremio
O segundo premio recaeu en “Ranilda”, do CEIP A Lama

RANILDA HD from CEIP A LAMA on Vimeo.

Mellor guión
CEIP Torre Illa por “A chave dos 6000 presos”.

Categoría “Demais niveis de ensino non universitario”
1º premio

O filme do CPI Virxe da Saleta “Os xeranios do señor Alfonso”.

2º Premio
O segundo premio recaeu no IES Chamoso Lamas polo traballo “Sons do camiño”

Sons no camiño, IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), Cinema en curso 2015-2016 from Cinema en curs on Vimeo.

Mellor guión
O CPI Antonio Failde por “O capitán penedo”.

Ademais, o xurado decidiu outorgar mencións especiais aos traballos presentados polos seguintes centros educativos: CEIP Plurilingüe A Pedra, CEIP Coirón Dena, CEE Vilagarcía de Arousa e IES do Camiño.

Impulsar o uso da lingua galega
O certame de cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

OUFF Escola está organizado pola Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*