Inicio » Actualidade » Ponte… nas Ondas! realiza 34 obradoiros de radio escolar na Eurorrexión

Ponte… nas Ondas! realiza 34 obradoiros de radio escolar na Eurorrexión

escolas-nas-ondasFormación do alumando na creación e realización de podcasts.

Ponte…nas ondas!, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, realiza durante os próximos meses 34 obradoiros de iniciación á radio en centros educativos de toda Galicia e do Norte de Portugal.

Os obradoiros están destinados á formación do alumnado na creación e realización de podcasts para a súa inserción nunha plataforma dixital de difusión que poden ser as radios educativas de cada centro onde se desenvolva.

Entre outros contidos, abordaranse nocions básicas de vocalización e dicción, dramatización de textos, exercicios de roll play, analise de podcasts, aprendizaxe de escritura de textos para ser locutados, aprendizaxe de uso das ferramentas de gravación e edición de son e como subir o podcast a un audioblog, nube, etc. e como compartilo nas redes sociais. Os obxectivos que se perseguen son fundamentalmente o fomento de radios dixitais realizadas polo alumnado e a integración en plataformas sociais de comunicación para a difusión dos contidos.

Próximo punto de encontro para as radios escolares
Desde Ponte…nas ondas! estase a preparar un portal das radios dixitais escolares que será o soporte de difusión dos centros que teñan esta vía de comunicación e con vocación de punto de encontro das escolas da lusofonía. Este portal será presentado publicamente no mes de febreiro coincidindo coa celebración do Día Mundial da Radio.

A grande demanda dos obradoiros deixou a moitos centros sen poder participar debido ao límite dos recursos para a súa realización. Durante os próximos cursos seguirase ofertando esta formación para as escolas da Eurorrexión.

Curso para o profesorado
A partir de xaneiro de 2017 Ponte…nas ondas! realizará o segundo curso de formación para profesorado sobre a creación de podcasts e a posta en marcha de radios dixitais. Este curso será impartido por un profesional da radio a través de Internet.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*