Inicio » Actualidade » Filosofía na rúa

Filosofía na rúa

filosofia-facultadeCoincidindo o 19 de novembro co Día Mundial da Filosofía, a facultade compostelá sae de novo este ano a distintos puntos da cidade para convidar a un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os desafíos do tempo actual.

A programación de ‘Filosofía na rúa’ dará comezo este mesmo luns ás 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade coa presentación, tras a que terá lugar a actividade ‘Diálogos con Carlos Calvo’ na que participarán o poeta Marcos Abalde e o profesor da USC Rafael Martínez Castro. Para rematar a xornada, a activista trans Laura Bugalho falará ás 21.30 horas no SCQ Café Bar da loita transfeminista.

Para o martes 15 está prevista ás 20.00 horas no salón de actos de Filosofía o relatorio ‘Da ética ao altruismo eficaz: a defensa dos animais’ das activistas Olaia Freiría e Sara Lago. A continuación, pero xa no Café Bar Caldeirería, terá lugar un recital de poesía filosófica.

‘As estrelas dobres como fonte de información astronómica (e inquedanzas filosóficas)’ é o título da charla que José A. Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, pronunciará o mércores 16 ás 20.00 horas en Filosofía. Seguiralle en A Novena Porta ás 21.30 horas unha jam filosófica coordinada por Zeltia Acuña Barros.

A xornada do xoves comezará na Praza de Mazxarelos cun xogo participativo e continuará ás 20.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia coa presentación do libro Novas do exterior, de Xose Luis Santos Cabanas, na que participarán Xosé Manuel Beiras, Sara Plaza e Marcial Gondar.

O programa de actividades concluirá o venres 18 coa proxección, ás 17.30 horas na Facultade, do vídeo Cowspiracy; ás 20.00 horas no Ateneo 30 a charla ‘Ética animal e veterinaria’ de Michela Pettorali; e unha última conferencia de Xavier Donato titulada ‘¿Cal é o sentido da Filosofía?’ ás 21.30 no SCQ Café Bar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*