Inicio » Actualidade » A mellor forma de aprender ciencia é facer ciencia: Premio Luis Freire

A mellor forma de aprender ciencia é facer ciencia: Premio Luis Freire

premio-luis-freireAberta a XVIII convocatoria para o curso 2016/2017 do Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola.

O prazo para presentar preguntas remata o 13 de xaneiro de 2017.

A participación pode ser a través de dúas modalidades. A primera dedicada a proxectos de investigación científica realizados nas aulas de Educación Primaria. A segunda para alumnos de Educación Secundaria.

Os premios comprenden, ademáis de diversos aparellos tecnolóxicos (como iPad Air ou iPad mini), unha visita especial ao Aquarium Finisterrae para os premiados na modalidade de Primaria, e a presentación dos traballos gañadores nas dúas modalidades na feira científica Galiciencia, Ourense, en novembro de 2017

O Premio ten duas modalidades. Se queres participar, o primeiro paso é coñecer a modalidade máis axeitada ao teu interese; logo pensar nunha pregunta á que queiras dar resposta e que teña relación con feitos ou procesos do noso ámbito máis inmediato e da vida cotiá.

Para inscribir estas preguntas no Premio, os participantes deberán encher todos os apartados do boletín de inscrición e entregalo antes do 13 de xaneiro de 2017 en:

Casa das Ciencias
Parque de Santa Margarida, s/n
15005 A Coruña
Se o prefires, podes enviar o boletín de inscrición asinado por correo-e (premioluisfreire@casaciencias.org) ou fax (981 189 847).

Os admitidos poderán comezar as súas investigacións e traballos ao recibir a confirmación de inscrición.

Máis información e bases (.pdf)

E quen foi Luís Freire?
Luis Freire naceu na Coruña en 1914. Aos 3 anos trasladouse coa súa familia a Vilalba, onde vivían os seus avós maternos. Asistiu á escola pública, unha escola con poucos alumnos e cunhas mestras excepcionais que deixarán unha profunda pegada no seu xeito de aprender e de ensinar. Esta estancia en Vilalba converteulle, en palabras do escritor e profesor Alonso Montero, nun «aristócrata de aldea».

Con 12 anos, regresou á cidade da Coruña e comezou a traballar e a estudar por libre os catro cursos do Bacharelato Elemental que aprobou en só dous anos. Superada a Reválida decidiu facerse Practicante e continuar os estudos de Bacharelato Superior.

Ao tempo que desenvolvía a súa actividade profesional impartía clases particulares de latín, de grego, de literatura ou de matemáticas, tanto en niveis secundarios como universitarios. E comezou a practicar unha afección á que dedicaría toda a súa vida: o estudio de insectos, arañas e plantas.

Aos 57 anos trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Ciencias Biolóxicas. Acabou a carreira en catro anos, licenciándose en 1975, e a continuación realizou a tese de licienciatura e a tese doctoral. Durante este tempo impartiu clases de Botánica na Facultade e codirixiu cinco teses de licenciatura sobre flora e micoloxía de Galicia.

En 1981 defendeu a súa tese doutoral sobre fungos “Macromicetos da Selva Negra”. A partir de entón, a micoloxía converteuse na súa principal liña de investigación. Publicou máis de 40 artigos, 4 libros, participou en medio centenar de congresos e dirixiu 8 teses de licenciatura e 2 teses doutorais sobre o tema.

Luis Freire foi membro fundador da Sociedade Galega de Historia Natural, do Grupo Botánico Galego, do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*