13 Mostra de Teatro Infantil de Ourense

mostra-teatro-infantil-ourense“Dende galaxias moi moi afastadas, dende planetas descoñecidos… unha sociedade de seres nunca vistos aterra na MOTI”. A ritmo dos Perqtores de Seixalbo desembarcaba así a tropa de Trécola Teatro o pasado domingo na rúa do Paseo, en Ourense, para abrir esta 13ª edición da Mostra de Teatro Infantil.

Logo desa animada presentación, agardaremos ao vindeiro día 26 para o inicio dun programa de 18 representacións que durante cinco días, deica o 30 de decembro, máis dunha ducia de compañías teatrais levarán a escena no Teatro Principal, no Auditorio e no campus universitario ourensán. Caramuxo, Ghazafellos, Títeres Alakrán e outras compañías galegas farán gozar á cativería nun amplo programa que inclúe propostas chegadas tamén doutras xeografías.

Pode consultarse toda a programación nesta ligazón: http://motiourense.blogspot.com.es/

moti-programa

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*