Inicio » Actualidade » Funil.gal, laboratorio virtual de química

Funil.gal, laboratorio virtual de química

Premio para esta ferramenta educativa desenvolvida na Facultade de Ciencias da USC.

funil-galO laboratorio virtual de química Funil.gal, unha iniciativa desenvolvida na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC polo grupo de innovación docente CienciaNosa, vén de ser recoñecido cun premio no congreso #INLUGO2016 na categoría de tecnoloxía polo seu bo uso de internet.

O xurado encargado de fallar este galardón, concedido pola Deputación Provincial de Lugo, distinguiu con este recoñecemento do congreso de novas tecnoloxías #INNLUGO 2016 o portal funil.gal, un espazo web de acceso aberto e gratuíto que consiste nun laboratorio virtual de química. O portal funil.gal, editado en galego, ofrece novas ferramentas multimedia para o ámbito científico como son un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos, nos que os usuarios poden visualizar procedementos, técnicas y desenvolvemento práctico en el laboratorio de química xeral.

A distinción acadada por funil.gal no marco do #INNLUGO2016 reforza asemade a boa acollida que está a rexistrar esta ferramenta educativa no espectro virtual que procura dotar a lingua galega de novas prestacións multimedia para o ámbito científico. Un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral son os principais recursos que ofrece este portal dixital de xeito aberto e gratuíto para todas as persoas interesadas.

O premio #INLUGO 2016 é o segundo galardón que colleita funil.gal, un proxecto xa galardoado previamente co X Premio Luísa Villalta, outorgado pola Universidade da Coruña, e que está a experimentar unha importante difusión, tanto no plano nacional como internacional, tal e como o proban as estatísticas de usuarios que acceden á web, así como o crecente número de descargas contabilizadas na súa canle de Youtube.

 

Fonte: USC

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*