Lendo a Marilar Aleixandre

“Creo que, no fondo, os relatos ou os poemas son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ó baleiro coa esperanza de que alguén os reciba…”, escribiu sobre o seu traballo creativo Marilar Aleixandre, a escritora, bióloga e profesora que este sábado 14 de xaneiro ingresará na Real Academia Galega, ocupando a cadeira que quedou vacante tras o pasamento de Xosé Neira Vilas.

o-trasno-de-alqueidon‘O trasno de alqueidón’, ‘A formiga coxa’, ‘A banda sen futuro’… Marilar Aleixandre é unha recoñecida e premiada voz na narrativa infantil e xuvenil galega, mais non só, xa que do seu vizoso labor creador temos exemplo na súa condición de primeira muller gañadora do Premio Xerais de novela, coa obra ‘A teoría do caos’.

Velaquí un guieiro na rede para sabermos máis da autora:

A web persoal de Marilar Aleixandre, onde poden lerse poemas e relatos da autora

A ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega, onde se poden ler varios dos seus poemas:

“Abecedario de árbores”

“As debandadoras de seda”

“Fala carrapuchiña”

teoria-do-caos-marilar-aleixandre“A constelación da xuvenca”

“Arrebolado”

Escolma de “Catálogo de velenos”

“Volverlles a palabra”. Homenaxe aos represaliados polo franquismo

“Non é amor”

Autobiografía e ficha da autora na web da AELG

Ficha e obra no catálogo de Xerais

Ficha e obra no catálogo de Galaxia

 

LIBROS E UNIDADES DIDÁCTICAS DESCARGABLES:
O sabor das mazás

Parando a marea negra

Vivir no solo

De quen é a auga

 

EN VÍDEO:
Lectura de “Catálogo de velenos”

Lectura de “As debandadoras de seda”

Na videoteca da AELG: Lecturas de obra, reflexións sobre as liñas actuais da súa escrita, referentes e lecturas, por que comezou a escribir e outros contidos

“En galego tamén se fai ciencia”

#EuSonRosalía – Marilar Aleixandre é Rosalía!

“Corazón de sal”, peza de Leilía escrita por Marilar

 

ENTREVISTAS
“Non escribimos mollando o dedo no sangue menstrual”, entrevista á autora realizada pola xornalista Belén Puñal no suplemento Protexta de Tempos Novos

“É moi importante que haxa máis mulleres nas institucións, mais tamén que haxa mulleres feministas”, entrevista de Montse Dopico en Praza.gal

Audio de entrevista no Diario Cultural da Radio Galega

Entrevista a Marilar na TVG

As súas respostas ao cuestionario do alumnado do IES Manuel García Barros

BIOGRAFÍA
Marilar Aleixandre (1947, Madrid)

En paralelo á produción didáctica da Marilar bióloga, a escritora, cunha longa traxectoria na narrativa, sobre todo da xuvenil e infantil, e con incursións na poesía e na tradución é unha das autoras máis recoñecidas da literatura galega dos anos noventa. Nacida en Madrid, elixiu o galego como lingua para vivir e para crear historias nas que son habituais as traizóns e as ansias de superación persoal e os procesos de madurez dos seus protagonistas.

marilar-aleixandre-2Madrileña de nacemento (1947), Marilar Aleixandre é galega dende que recalou en Vigo en 1973, logo de pasar por Ceuta e Doña Mencía (Córdoba). É doutora en Bioloxía e catedrática de Ciencias Naturais no ensino medio e, dende o ano 1988, exerce como profesora de Didáctica de Ciencias e Educación Ambiental na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela, actividade recoñecida nalgúns dos premios de investigación que obtivo cos seus artigos sobre a ensinanza das ciencias e que compaxina tamén co exercicio dunha escrita para a que adoptou o galego como como lingua literaria. Aínda que empezou cedo, escribindo relatos sobre vampiros na facultade (o conto Agardando polos morcegos, publicado en Antoloxía do conto galego de medo -1996- xermolara naqueles anos), non publicou nada ata A formiga coxa (1989), finalista do Premio Merlín en 1987 e sucesora dunha narrativa infantil que xa abordara en O rescate do peneireiro (1990), que obtivera o mesmo recoñecemento en 1986. O éxito de crítica e lectores chegoulle con Tránsito dos gramáticos (1993) como finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 e continuou, á par cós premios, en novos títulos de narrativa, tanto para adultos como xunenil e infantil. Sucedéronse así Nogard (1994); A expedición do Pacífico (premios Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil, en 1994, e da Crítica de Galicia, en 1995); O trasno de Alqueidón (Premio Rañolas 1996 e finalista do Nacional de Literatura Infantil no mesmo ano); Lobos nas illas (1996); A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1998); O monstro da chuvia (1998); O chápiro verde (1999); Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999); A banda sen futuro (premios Lazarillo de Literatura Xuvenil en 1999 e Lecturas de Literatura Xuvenil en 2001); Unha presa de terra (2001), Paxaros de papel (2001); Teoría do caos (premios Xerais de novela, en 2001, e San Clemente, en 2002), Belisa e a princesa sapiño (2002), O monstro da chuvia (2003), Rúa Carbón (2005) e A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005). No eido da poética, xénero ao que tamén a vencella a súa pertenza ao Batallón Literario da Costa da Morte e ao consello editorial de Letras da Cal, ten publicadas as obras Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega en 1998), Desmentindo a primavera (2003) e Abecedario de árbores (2006), ademais de numerosas contribucións en volumes e catálogos colectivos. Algúns outros tamén recollen colaboracións de narrativa, teatro, banda deseñada (guións)… Tamén é da súa autoría Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao (2000), na que botou man dalgúns dos personaxes do propio biografiado para enfiar Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao (2000). A relación de Marilar Aleixandre coa tradución é recíproca: boa parte da súa produción pódese ler nas diferentes linguas da península ao tempo que, grazas ao seu labor, temos en galego, dende o inglés, Babaiaga (2002), de Tai-Marc le Thanh; o poemario Muller ceiba (1997), de Sandra Cisneros; Harry Potter e a pedra filosofal (2001), de J. K. Rowling, e A caza do carbairán (1996), de Lewis Carroll (1996), que a situou na lista de honra de traducións da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) en 1997. Dorna, Grial, Luzes de Galiza, Tempos Novos, Festa da Palabra Silenciada… son só algunhas das moitas publicacións coas que ten colaborado. (Fonte biográfica: Praza das Letras)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*