Consumópolis chega á súa 12ª edición

consumopolisIniciativa da Axencia Española de Consumo coa colaboración do Instituto Galego de Consumo.

Promover a reflexión consciente, crítica e solidaria sobre diferentes aspectos do consumo e fomentar xa que logo o consumo responsable é obxectivo do certame “Consumópolis”, que ten en marcha unha nova convocatoria.

Consumópolis está organizado pola Axencia de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) e coa que colabora, no caso de Galicia, o Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo. O lema nesta ocasión, “Consumópolis12, Internet: fas un uso responsable?”, dirixido a escolares matriculados no terceiro ciclo de Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria.

A participación no concurso materializarase a través das actividades que deberán desenvolver os concursantes no portal da internet Consumópolis, www.consumopolis.es, seguindo as Instrucións xerais de participación que alí se detallan. A plataforma ten unha versión en lingua galega.

A inscrición no concurso realizarase por equipos de cinco concursantes, matriculados nalgún dos cursos do correspondente nivel de participación, coa coordinación dun docente do centro. Os docentes poderán coordinar máis dun equipo e os concursantes só poderán inscribirse nun equipo.

O período de inscrición dos equipos estará comprendido entre o 10 de outubro de 2016 e o 15 de marzo de 2017, ambos inclusive.

As bases do certame en galego (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*