Inicio » Recursos » LatinGal, app para traducir do latín ao galego

LatinGal, app para traducir do latín ao galego

latingalCreada por profesorado do IES de Valga.

“Sentimus uer appropinquare. Aduentus ueris reditu auium nuntiatur. Audimus aues cantare, iam hirundines et ciconiae ad nos remigrauerunt. Videmus agros arari ouesque in prata educi”. Igual é axiña para sentirmos que a primavera se acerca anunciada polo retorno dos paxaros, ao xeito do que o texto anterior relata, pero roer no texto ha de ser moito máis áxil botando man da aplicación que desenvolveron no instituto da localidade pontevedresa de Valga por iniciativa de Raúl Gómez Pato, profesor de Latín.

A aplicación para teléfonos móbiles con Android (están estudando tela dispoñible tamén para iOs), foi elaborada coa colaboración do alumnado e está xa dispoñible en Google Play por apenas dous euros. Reúne máis de 30 mil palabras, adaptando o único dicionario existente de latín ao galego. É de uso ben doado, cun sistema de procura preditivo e filtros de busca. Ademais, as procuras ofrecen nos resultados indicacións diversas con exemplos de uso incluídos.

Latingal en Google Play

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*