Inicio » Actualidade » A radio es ti! Participa con Ponte nas Ondas no Día Mundial da Radio!

A radio es ti! Participa con Ponte nas Ondas no Día Mundial da Radio!

convocatoria-dia-da-radioO vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e Ponte…nas Ondas! estrea o seu espazo Escolas nas Ondas, o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía.

A escolas poden enviar os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com. Se están subidos en calquera plataforma (Ivoox ,Sound Cloud, etc.) poden mandarnos o enlace para que nós incorporemos os programas ao portal. Se queredes empregar tamén a imaxe, subide o vídeo e mandádenos o enlace do lugar onde estea aloxado. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas.

PARTICIPACIÓN ABERTA A TODO O MUNDO a través de WhatsApp

Envío de MENSAXES DE AUDIO ( Whats App) para o Día Mundial da Radio arredor do lema A RADIO ES TI ! Cóntanos a túa experiencia coa radio! Mensaxes ao número: 634 878 120

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*