Diversidade Impresa: un proxecto escolar de axuda á comunidade xordocega

Diversidade Impresa: un proxecto escolar de axuda á comunidade xordocegaEscolas galegas colaboran nesta iniciativa que, a través do modelado 3D axudará á xente con xordocegueira.

O acceso das persoas xordocegas a determinados útiles ou ferramentas específicas é, en moitos casos, difícil (prezos elevados, tendas especializadas, tempos de envío longos…) ou imposible (non é rendible fabricalos para un sector tan pequeno da sociedade).

O proxecto “Diversidade impresa” pretende, como obxectivo principal, crear un banco de modelos 3D imprimibles baixo licencia Creative Commons que poidan ser usados por persoas con xordocegueira (ou con outras discapacidades).

Tamén pretende achegarlle o mundo da xordocegueira á sociedade, así como sensibilizar nas necesidades específicas que padecer unha discapacidade leva.

De aí nace este proxecto no que profesorado e alumnado, en contacto coa comisión de mocidade de FASOCIDE, deseñará e modelará útiles cotiáns para unha persoa xordocega que poidan imprimir nas súas casas e utilizalos.

O proxecto nace co obxectivo de publicar os proxectos que se propoñan e repartilos entre determinados grupos de traballo de alumnos da ESO e Bacharelato e os seus correspondentes profesores-titores para, máis adiante no curso, obter e difundir un formato 3D imprimible coa súa solución proposta.

Así que se es profesor de ESO e Bacharelato e che presta involucrar un dos teus grupos de alumnado (ou a todos ;P) neste proxecto, non dubides en escribir a :

proyectodiversidadimpresa@gmail.com

Se non estás no mundo do ensino, pero che apetece de igual xeito colaborar no deseño ou enviar outras necesidades que atopases na túa contorna, contacta tamén co proxecto.

A iniciativa conta xo co impulso en Galicia de dous centros, o CEE Nosa Señora de Lourdes – Aspronaga, a través de Felo Couto, e o Colexio Internacional Eirís, a través do docente Marcos Alonso Martínez. A todos eles, moitos parabéns polo proxecto.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*