26 de xaneiro: Día Mundial da Educación Ambiental

Concepto relativamente recente, a educación ambiental avanza na sociedade.

A idea da Educación Ambiental (EA) é relativamente recente:

A interese real por esta idea non xorde até os anos 70, onde sucesivamente teñen lugar a Declaración da Conferencia da ONU sobre o Medio Ambiente (Estocolmo, 1972) e a chamada Carta de Belgrado (1975). No evento sueco sublíñase a necesidade de difundir información pedagóxica en prol da protección e a defensa do medio ambiente. E na cita de tres anos máis tarde, destacarase a necesidade de traballar pola involucración da cidadanía no coidado do medio ambiente. Foi precisamente nese evento de Belgrado onde se estableceron os principios da educación ambiental no marco dos programas da ONU.

Con eses vimbios chégase en 1977 á Conferencia Intergubernamental sobre Educación Ambiental, organizada pola Unesco e celebrada na cidade de Tbilisi (daquela na Unión Soviética e na actualidade capital de Xeorxia). Aló prodúcese unha inédita chamada aos estados para que inclúan a EA nas súas políticas de educación. Lánzase ademais unha chamada a colaborar no intercambio de experiencias e no desenvolvemento de estratexias e materiais relacionados coa EA.

As escolas teñen cita co Día Mundial da Educación Ambiental cada 26 de xaneiro, a primeira convocatoria do ano que leva o medio ambiente ao máximo protagonismo nas aulas. Unha data onde é bo lembrar a recomendación da Unesco para que a EA vaia máis aló das escolas e gañe protagonismo en toda a sociedade.

Exemplo de recursos sobre educación ambiental na rede galega: (*Se coñeces algún recurso de interese que non apareza na lista, fáinolo saber!)

Outros recursos na rede:

“Chegamos a un momento na historia no que debemos orientar os nosos actos en todo o mundo atendendo con maior coidado ás consecuencias que poidan ter para o medio. Por ignorancia ou indiferenza podemos causarlle danos inmensos e irreparables ao medio terráqueo do que dependen a nosa vida e o noso benestar. Pola contra, cun coñecemento máis profundo e unha acción máis prudente, podemos conseguir para nós e para a nosa posteridade unhas condicións de vida mellores nun medio máis en consonancia coas necesidades e aspiracións do home (…) A defensa e o melloramento do medio humano para as xeracións presentes e futuras converteuse en meta imperiosa da humanidade”.

Extraído da Declaración da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Humano (Estocolmo, 1972)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*