Inicio » Cambiar o mundo » Dia Escolar pola Paz e a Non Violencia

Dia Escolar pola Paz e a Non Violencia

Dia Escolar pola Paz e a Non ViolenciaO 30 de xaneiro, as escolas galegas celebran cada ano unha xornada a prol da convivencia, o pacifismo e o respecto polos dereitos humanos.

A iniciativa xurdira nos anos 60 da man do poeta e activista pola paz mallorquino Llorenç Vidal e foi gañando aceptación como xornada especial no calendario escolar para a promoción dunha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente a celebrar anualmente coincidindo co aniversario do falecemento de Mahatma Gandi.

Ao fío da celebración, o pasado venres, o Seminario Galego de Educación pola Paz entregoulle o seu Premio Portapaz ao Foro Galego de Inmigración.

Velaquí un pequeno guieiro de información e recursos:

Seminario Galego de Educación para a Paz

Fundamentos teóricos do Día Escolar da Paz e a Non Violencia

Caderno didáctico: A cultura da paz

Convivencia escolar e prevención da violencia, documento elaborado por María José Díaz Aguado

Unidade didáctica para o Día Escolar da Paz de Entreculturas

Recursos para lembrar o Holocausto e educar por un mundo mellor

No repositorio do Espazo Abalar:
Caza do tesouro: Día da Paz e Non Violencia (4º Curso Educación Primaria)

Día da Paz (5º Curso Educación Primaria)

O Día da Paz (5º Curso Educación Primaria)

Vai estalar a Paz! (1º ESO)

Vai estalar a Paz! (6º de Primaria)

A era internet un compromiso pola paz. Utopías? (6º de Primaria)

Mulleres pola paz (6º de Primaria)

Recursos para o Día da Paz na bitácora BiblioTics

Completa selección de recursos no blog “Para profes y padres” de Miriam Campos
Asociación española de Investigación para a Paz
Fundación Cultura de Paz

Máis en Botóns sobre a paz

Máis recursos: O dereito dos pobos á paz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*