Olimpiada Matemática Galega 2º de ESO

Olimpiada Matemática Galega 2º de ESOEvento organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (Agapema).

O concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 2º curso de ESO ten como novidade principal a eliminación da fase de inscrición de centros, polo que se inscribirá directamente o alumnado a través deste formulario.

As principais datas a ter en conta á hora de participar son as seguintes:

– Inscrición do alumnado: 23 de marzo
– Fase de zona: 27 de abril
– Fase final galega en Lugo: 18 de maio

Toda a información detallada, formularios de inscrición e mesmo probas de anos anteriores, pódense atopar na web de Agapema

Se tes algunha dúbida ou suxestión relacionada con esta actividade, podes contactar coa organización da mesma na dirección olimpiada@agapema.org

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*