‘Sorrisos trans*formadores’

‘Sorrisos trans*formadores’ Exposición fotográficaExposición fotográfica na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

‘Sorrisos trans*formadores’ é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (Arelas), con fotografías de Noemí Chantada. Baixo o lema ‘Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive e deixa vivir’, o proxecto busca a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans* para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

A exposición trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por mor da orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero. ‘Sorrisos trans*formadores’ comprende imaxes de persoas alegres, orgullosas que mostran unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea.

Inaugurouse o pasado 3 de febreiro, nun acto que incluíu a conferencia titulada ‘O poder dos sorrisos, que transforman a sociedade’, a cargo de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas.

Pode visitarase ata o día 9 de febreiro de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 19:00 horas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*