Inicio » Actualidade » Ponte…nas Ondas! celebra o Día Mundial da Radio coa estrea de Escolas nas Ondas!

Ponte…nas Ondas! celebra o Día Mundial da Radio coa estrea de Escolas nas Ondas!

radio-turonioPunto de encontro para o audiovisual das escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa.

Ponte…nas ondas! estrea este luns 13 de febreiro, Día Mundial da Radio de 2017, o espazo web “Escolas nas ondas”. Esta canle acollerá e difundirá as producións das radios escolares e os vídeos realizados polas escolas de Galicia e Portugal e os países da área galego-portuguesa. Ademais, no espazo Web divulgaranse os podcasts creados polo alumnado e fomentarase o intercambio de experiencias entre os centros educativos dos diferentes países da lusofonía.

Obradoiros de radio

Durante este curso escolar Ponte…nas ondas! está a realizar obradoiros de iniciación á radio escolar polos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, coa colaboración da Consellería de Educación e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Son 35 centros educativos e máis dun milleiro de alumnos os que están a recibir formación na elaboración de programas de radio e de podcasts. Estas escolas crearán a súa propria radio escolar e terán difusión a través do portal Web Escolas nas ondas. Un dos obxectivos dos obradoiros é o de incentivar o uso da radio e dos podcasts como unha ferramenta educativa para desenvolver a competencia comunicativa e mellorar a expresión oral.

Xornada no instituto Terra de Turonio

O instituto Terra de Turonio desenvolverá unha xornada de radio en directo con motivo do Día Mundial da Radio. Entre as 10.00 hs. e as 18.00 hs. o alumnado realizará diferentes programas con convidados que se achegarán ao centro para compartir a programación radiofónica. Entre outros, estarán nas ondas membros do grupo de música tradicional Os terribles de Donas, a escritora Rexina Vega, o cantautor Leo i Arremecághona e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

Apertura de “Escolas nas ondas”

No mesmo centro, o reitor da Universidade de Vigo e representantes de Ponte…nas ondas! procederán á apertura do portal Web Escolas nas ondas, unha iniciativa de Ponte…nas ondas! que conta coa colaboración da Universidade de Vigo para o aloxamento dos programas das escolas. A escolas, alumnado e profesorado, poden enviar os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com.

Mensaxes de audio individuais “ A radio es ti “

Escolas nas ondas terá un espazo para que calquera persoa poida achegar a súa voz para dar testemuñas sobre a radio com motivo do Día Mundial da Radio. A UNESCO escolleu como lema “RADIO IS YOU”, destacando a importancia das voces de cada persoa para manter vivas as emisións das radios. Ponte…nas ondas! Anima ao envio de MENSAXES DE AUDIO ( Whats App) para o Día Mundial da Radio arredor do lema “ A RADIO ES TI “ a través do número: 634 878 120. Cóntanos a túa experiencia coa radio !

PROGRAMACIÓN DO 13 DE FEBREIRO – DÍA MUNDIAL DA RADIO 2017

10.00–10.05 – Presentación da xornada especial de Radio Turonio . Alumnado 1ºB.

10.05–10.40 – Entrevista en directo co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Inauguración do portal Web “ESCOLAS NAS ONDAS “. Alumnado de 4º B

10.40–11.15 – CANTARES DO BRIÓN. Entrevista a un membro deste coro tradicional. Alumnado de 4º

11.15–11-30 – A ECOAULA, un modelo de aula sostible. Alumnado de 4º.

11.30–11.45 – A FAMILIA TERRIBLE. Entrevista a dous compoñentes do grupo de música tradicional Os Terribles de Donas . Alumnado de 3º.

11.45–12.00 – UN TEXANO EN TURONIO. Entrevista ao lector de inglés, Peter, de Texas.
12.00–12.15 – ALÓ CANADÁ. Conexión por videoconferencia co ex-alumno Anxo Iglesias desde Canadá. Alumnado de 3º

12.15–12.45 – DELETREANDO. Entrevista coa escritora e profesora da Universidade de Vigo, Rexina Veja. Alumnado de 4º

12.45—13.00 – NO PUNTO DE MIRA. Programa do alumnado de 1ºA

13.00–13.15 – TEATRO RADIOFÓNICO. Teatro radiofónico en inglés. Alumnado de 3º

13.45–13.45 – DÚO AMEVA. Entrevista co ex-alumno Diego Bea, membro do dúo musical AMEVA. Alumnado de 3º.

13.45–14.00 – CAFÉ IRLANDÉS. Entrevista á familia Hamilton de orixe irlandesa. Alumnado de 1º C

14.00–14.30 – O LEO. Entrevista co cantautor e ex-profesor do centro Leo i Arremecághona. Alumnado de 3ºA

14.30–15.30 – Programas especiais elaborados en Radio Turonio.

15.30–16.00 – Concurso telefónico QUEN CANTA ? Alumnado de 1º.
Chamadas en directo ao teléfono: 639 294 251

16.00–16.30 – Concurso telefónico ONDE ESTÁ O PREMIO ? Alumnado de 3º.
Chamadas en directo ao teléfono : 639 294 251

16.30–17.00 – O MEU CABALO. Programa sobre os cabalos do alumnado do instituto. Alumnado de 3º e 4º.

17.00—17.30 – FILL@S DO GALIÑEIRO. Programa do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural

17.30–17.45 – CARLOS CASARES. Letras Galegas 2017. Programa do alumnado de PEMAR

18.00 – 18.15 – Despedida da programación especial do DÍA MUNDIAL DA RADIO. Alumnado de 1º.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*