Composting!

Nova ficha didáctica para clase de inglés no Caderno Verde de Sogama.

A maior parte dos residuos que se xeran nun fogar son residuos orgánicos. Mentres millóns de persoas pasan fame en moitas partes do mundo, nós tiramos quilos e quilos de alimentos ao lixo. Esta situación é vergoñosa e insustentable.

A ONU calcula que todos os anos tiramos ou desperdiciamos a terceira parte dos alimentos que se producen no mundo. Na Unión Europea, España é un dos países que máis comida desperdicia. Os supermercados tiran toneladas de alimentos. Nos nosos fogares tiramos moita comida que pode aproveitarse. Por iso, gobernos e asociacións cidadás promoven campañas para cambiar isto. Un exemplo de lema: “Máis alimento, menos desperdicio”

Podemos facer moitas cousas para axudar a solucionar este problema, por exemplo, se temos horta ou xardín, compostar. No Caderno Verde dannos algunhas ideas con este novo material, neste caso para traballar os valores ambientais no terceiro ciclo de Primaria e a ESO ao tempo que afondamos na lingua inglesa.

Descarga a ficha no Caderno Verde de Sogama: Composting!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*