Inicio » Actualidade » Lingua de namorar 2017

Lingua de namorar 2017

lingua-de-namorarConvocada unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega.

Lingua de namorar vai dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se dividirán en dúas categorías de idade: de 14 a 19 e de 20 a 35.

As mensaxes participantes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.

Para poder enviar as mensaxes, cómpre rexistrarse na web do concurso http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e cubrir o formulario de inscrición. Todas serán publicadas nesta páxina e estarán identificadas polo título e máis polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as mensaxes de amor é o 5 de marzo. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para realizar as votacións, que abranguerá do 6 ao 10 do mesmo mes.

Establécense dúas catgorías de participación e tres premios por cada unha:

Categoría A: de 14 a 19 anos

Primeiro premio: Smartphone Wiko 5” Qcore3, 16 GB
Segundo premio: Cámara instantánea Fujifilm 46×26 MM
Terceiro premio: Smartwatch Airis 1,54” Micro SIM, Micro SD
Categoría B: de 20 a 35 anos

Primeiro premio: Cámara réflex Canon EOS 1300D, 18 Mp, Full HD, WiFi
Segundo premio: Tableta Samsung Galaxy Tab A 10,1” Ocore, 16 GB
Terceiro premio: Smartwatch SPC 9616T
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes en lingua galega cunha extensión máxima de 350 caracteres antes do 5 de marzo de 2017. Todos os textos presentados serán publicados na páxina do concurso identificados co seu título e mais cun número.

Do 6 ao 10 de marzo abrirase un prazo para votar por un máximo de 3 mensaxes de cada categoría. O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 mensaxes máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías.

Lingua de Namorar presentouse este 14 de febreiro, as bases poden consultarse aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*