Inicio » Recursos » A viaxe de Elisa, xogo e unidades didácticas sobre autismo

A viaxe de Elisa, xogo e unidades didácticas sobre autismo

el-viaje-de-elisaUn interesante recurso para coñecer mellor, en especial, ás persoas con Síndrome de Asperger.

“Ter autismo non significa non ser humano, senón ser diferente”. Esta frase de Jim Sinclair, coñecido activista no ámbito dos dereitos das persoas con autismo, que el mesmo sofre, e que se esforzou en estudar e profundar, licenciándose en Psicoloxía e coordinando na actualidade a Autism Network International, é subliñada na portada de “A viaxe de Elisa”, un interesante videoxogo desenvolvido polo colectivo Autismo Burgos en colaboración coa Fundación Orange.

A través dunha historia de ciencia ficción, o xogo vai levando, a través de pequenos desafíos e actividades, a un coñecemento didáctico acerca da Síndrome de Asperger. A protagonista é Elisa, unha adolescente do planeta Lionov que, cos seus poderes telepáticos, proxecta a súa mente para trasladarse a outros lugares da galaxia. Así, na súa procura de solucións para seu planeta, tiranizado polos Sombras Grises, atopará no planeta Terra a unha persoa con Síndrome de Asperger que lle axudará a salvar o seu mundo.

O xogo pode utilizarse tanto a través de dispositivos con Android ou iOS, como a través da propia web, nos navegadores Chrome ou Firefox. Nós probámolo en Chrome, onde malia a conexión de banda larga parece funcionar a unha velocidade lenta pero aceptable. Se vos subscribides como docentes no perfil inicial, antes de acceder ao propio videoxogo, posteriormente poderedes indicarlle ao voso alumnado que introduza un código de aula que vos asignará o xogo e a partir do cal podedes comprobar como realizaron as probas de avaliación de cada unidade didáctica.

Adiviñando emocións, linguaxe e comprensión, estrutura e organización

el-viaje-de-elisa-3
Tomando como exemplo a unidade didáctica inicial, titulada “Adiviñando emocións”, o alumnado pode xogar o primeiro capítulo da aventura, “A historia de Lionov”, e o primeiro minixogo, “Adiviña como sinto”, e a continuación realizar en cada caso as actividades correspondentes. Ademais, propóñense unha serie de actividades complementarias relacionadas.

Os obxectivos desa primeira unidade serán coñecer o concepto de Empatía, aprender a diferenciar a conduta empática da non empática, coñecer os beneficios da utilización da empatía nas relacións sociais, coñecer a relación entre os TEA/ Síndrome de Asperger e a Empatía.

el-viaje-de-elisa-2

“A viaxe de Elisa” inclúe outras catro unidades didácticas:

“Linguaxe cifrada”
As persoas con TEA/ Síndrome de Asperger teñen habitualmente dificultades para entender dobres sentidos na linguaxe. Refráns, frases feitas, expresións idiomáticas, supoñen en moitos casos un gran reto para entender as outras persoas.

“Organiza o teu tempo”
A estruturación temporal, é moi frecuentemente, outro dos retos que teñen que afrontar as persoas con SA. Necesitan un horario claro e preciso, e anticipación suficiente para realizar un cambio nas súas actividades diarias.

“O cabozo sensorial”
O mundo está cheo de sons, cheiros, calor, frío, texturas… Moitas persoas con SA teñen dificultades para convivir con tantos estímulos sensoriais e en ocasións, teñen reaccións de rexeitamento cando se saturan os seus sentidos. Un ruído intenso e monótono como o bruído dunha alarma, ou un cheiro moi intenso como o da pintura fresca pode supoñer unha barreira case insuperable para estar nun lugar.

“Prevención violencia escolar”

Frecuentemente algunhas das características das persoas con TEA/ S. Asperger como a súa forma peculiar de relacionarse, a dificultade para entender as normas sociais ou a súa sinceridade, fan que sexan vítimas de condutas violentas na contorna escolar.

Xogar a ‘El viaje de Elisa’

Fonte: Diario Educativo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*