Educadores Infantís pidenlle ao Congreso lexislar a relevancia da etapa 0-3 anos

Educadores Infantís pidenlle ao Congreso lexislar a relevancia da etapa 0-3 anosA Asociación Mundial de Educadores Infantís envía un informe con recomendacións para a futura lei educativa.

Fomentar a igualdade de oportunidades, previr o fracaso escolar ou mellorar os resultados do informe PISA son algúns dos argumentos expostos pola Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI), que subliña que a educación desde o nacemento é a vía máis efectiva para conseguir o máximo desenvolvemento de capacidades físicas e psíquicas.

Con esa convicción enviaronlle ao Congreso e ao Senado un informe onde reclaman que a futura lei de educación que debatan as cámaras conceda á etapa ata tres anos de idade a mesma relevancia que ao resto das etapas educativas, regulando desde ese momento a oferta dunha educación de calidade para todos e todas. Fronte ao modelo actual de xestión de normativas e contidos pedagóxicos desde os gobernos autonómicos, a AMEI é partidaria de que o Ministerio de Educación estableza criterios curriculares e de financiamento similares para todo o Estado.

Relevancia dos centros de 0 a 3 anos

No seu dossier, a AMEI-WAECE expón que todos os centros que atenden nenos de 0 a 3 anos “deberían ter a mesma consideración que o resto de centros do sistema educativo”, xa que necesitarían dunhas instalacións e características moi específicas para ofrecer unha educación de calidade. Ao fío, advirten que non deberían admitirse nenos de 2 anos en edificios adaptados para recibir nenos de Segundo Ciclo da Educación Infantil e Primaria.

Nese sentido, advirten tamén que a falta dunha lexislación clara provoca a proliferación de “establecementos” que atenden nenos de 0 a 3 anos sen cumprir requisitos en canto a seguridade e salubridade das instalacións, contidos pedagóxicos, formación do persoal, cocientes, etc.

O informe completo, titulado “Por que e como: Educación desde o Nacemento” está dispoñible nesta ligazón

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*