Inicio » Planeta Verde » Limpemos Europa

Limpemos Europa

Limpemos Europa - Campaña de sensibilización cidadá en prevención de residuosTodos aqueles interesados en involucrarse na campaña poden inscribirse deica o 30 de abril.

Cada ano, millóns de toneladas de residuos rematan nos océanos, nas praias, nos bosques e en moitos espazos naturais onde causan problemas diversos e graves. A orixe deste desafío está no insostible modelo de produción e consumo e a falta de sensibilización entre a cidadanía e é por este motivo que a Semana Europea de Prevención de Residuos promove esta iniciativa, que convoca tarefas de limpeza de espazos naturais e iniciativas de concienciación e sensibilización ata o próximo 30 de xuño.

Identificade un espazo problemático que sexa necesario limpar, reunide un grupo de acción e rexistrade a iniciativa. A web da Semana Europea de Prevención de Residuos fará un listado de accións e boas prácticas para compartir ideas acerca dos 3 erres: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Promovendo accións de limpeza todos podemos axudar a resolver os problemas causados polo lixo ao tempo que estimulamos a concienciación acerca da inxente cantidade de residuos producidos e a importancia da prevención e a redución destes. Alén da convocatoria de actividades de limpeza que se realizarían deica finais do mes de xuño, os promotores desta iniciativa animan a concentrar accións diversas de sensibilización cidadá na semana do 12 ao 14 de maio.

Let’s Clean Europe – Limpemos Europa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*