Inicio » Actualidade » Odysseus II: concurso de ciencia espacial

Odysseus II: concurso de ciencia espacial

Odysseus II: concurso de ciencia espacialOs premios para o alumnado inclúen viaxes ás instalacións da Axencia Espacial Europea.

Todos os participantes ou equipos deben presentar un debuxo orixinal de ciencia espacial ou un proxecto baseado nos temas e desafíos especificados en cada categoría de idade.

Os equipos e participantes individuais poden enviar un traballo dixital nas datas establecidas en cada categoría de idade:

Skywalkers: do 1 de setembro de 2016 ao 31 de marzo de 2017
Pioneers e Explorers: do 1 de setembro de 2016 ao 31 de marzo de 2017

Os traballos deben enviarse só a través da páxina web de Odysseus II. Antes de que un equipo ou participante envíe un traballo deben inscribirse e ser aceptados polos organizadores.

Cada traballo debe abordar un único tema dos propostos polos organizadores. Con todo, os participantes poderán elixir a área que prefiran: electrónica, física, química, arte, deseño, arquitectura, psicoloxía… Todas serán válidas para presentar calquera aspecto da temática elixida.

Hai tres grupos de idade para poder participar no Concurso.
Skywalkers- de 7 a 13 anos (alumnos de educación primaria)
Pioneers- de 14 a 19 anos (alumnos de ESO e Bacharelato)
Explorers- de 17 a 22 anos (Universitarios)

O concurso organízase en tres roldas: estatal, rexional e Internacional. A próxima Final Internacional terá lugar en Toulouse, Francia, en xullo de 2017.
Todos os traballos serán publicados e poderán verse na páxina web de Odysseus II, unha vez finalizado o prazo de presentación de proxectos (a partir de abril de 2017).

Recursos e Materiais

A biblioteca de Odysseus ofrece a alumnado e profesorado recursos e materiais relacionados coa área de ciencia e tecnoloxía espacial. A biblioteca de Odysseus II ten como obxectivo non só entreter e educar, senón ofrecer ligazóns de interese sobre ciencia espacial e materiais diversos, que axuden os participantes ao desenvolvemento dos seus proxectos e os manteña informados.

A sección de recursos inclúe entre outros información e materiais sobre, por exemplo, o Sistema Solar e Ciencia Espacial; Misións espaciais europeas; Os seres humanos en Marte; Astrobioloxía: En busca de vida no universo; Galileo: Beneficios das aplicacións espaciais; Copernicus: Observación na Terra; Misión Rosetta: Exploración especial; Misión Gaia: Observando as estrelas e outras temáticas xerais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*