Inicio » Actualidade » VI Certame de Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco 2017

VI Certame de Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco 2017

VI Certame de Audiovisual Escolar: IES Monte Carrasco 2017O centro escolar IES Monte Carrasco, en colaboración co Concello de Cangas, convoca para as escolas de toda Galicia outra edición do concurso de pezas audiovisuais.

Poderá participar alumnado matriculado en centros públicos e privados de ESO, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia no curso 2016-2017. A inscrición pode facerse a través do formulario dispoñible na web do centro e os traballos poden enviarse antes do 1 de maio ao enderezo seguinte:
FESTIVAL DE CINE ESCOLAR: IES MONTE CARRASCO
Monte Carrasco, 2 Apto.185
36949 Cangas
Pontevedra

Obxectivos:

  • Establecer unha canle para compartir o audiovisual feito nas aulas.
  • Impulsar o coñecemento da linguaxe audiovisual e xerar un espírito crítico cara ás producións realizadas no ámbito do audiovisual.
  • Favorecer o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación e o recoñecemento do seu valor coma ferramentas para a expresión creativa e/ou didáctica.
  • Fomentar o traballo en equipo e o respecto polas creacións individuais.

    As obras deben cumprir os seguintes puntos:

1. Todos os traballos poden estar en calquera das linguas cooficiais do estado ou nas linguas estranxeiras que estean estudando.
2. Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados.
3. Os traballos poden ser de ficción ou documental.
4. Os traballos poden ser de animación.
5. Duración libre, aínda que se recomenda até 20 minutos, créditos incluídos.
6. A temática será libre.
7. Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a
dignidade da persoa.
8. As obras presentaranse en soporte DVD por duplicado.
9. Os participantes poden presentar ata dúas obras por centro en cada categoría
10. Cada DVD non poderá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
11. Cada DVD irá identificado co título da obra, a duración, e o centro de ensino de procedencia.
12. De apareceren menores de idade, deberá contarse coa autorización paterna e/ou materna.

Haberá tres premios:
Mellor Audiovisual de Ficción
Mellor Audiovisual Didáctico (Documental)
Premio do Público

E a maiores o xurado poderá conceder ata 3 accésits a proposta dos departamentos didácticos.

Toda a información nesta ligazón

Mellor audiovisual de ficción en 2016

Mellor audiovisual didáctico en 2016


Premio do público en 2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*