Dende os 6 anos a percepción dos estereotipos de xénero comeza a limitar as aspiracións profesionais das nenas

Dende os 6 anos a percepción dos estereotipos de xénero comeza a limitar as aspiracións profesionais das nenasClixés e ideas preconcibidas que lles fan evitar actividades e que poden marcar para toda a vida.

“Se queremos un mundo máis equitativo, hai que saber cando nacen estes prexuízos”, advirte Sara Jane Leslie, investigadora da Princeton University e coautora do estudo “Gender stereotypes about intellectual ability emerge early and influence children’s interests”, publicado pola revista Science.

Nenos e nenas de entre 5 e 7 anos escoitan unha historia sobre unha persoa que é “moi intelixente” e a continuación pídeselles que adiviñen cal de catro adultos descoñecidos é o protagonista da devandita historia. Teñen que escoller entre dúas mulleres e dous homes… Nunha actividade paralela, os investigadores preséntanlles aos cativos e cativas unha serie de pares de diferentes xéneros e solicítanlles que elixan de entre os dous cal é “moi, moi intelixente”. Unha terceira actividade, proponlles escoller participar entre dous xogos, un para rapazada “realmente intelixente” e outro para quen “traballa moi duro”.

Os resultados indican que mentres os nenos e as nenas de ata 5 anos ven o seu xénero de xeito positivo, a partir dos 6-7 anos as nenas eran significativamente menos propensas a asociaren a brillantez e a intelixencia co seu propio xénero. A investigación ofrecería datos relevantes sobre o xeito en que se reforzan os prexuízos que fan que as mulleres estean menos predispostas a escoller cursar titulacións en áreas científicas nas que, as crenzas e os clixés establecidos son que é necesaria unha gran brillantez intelectual.

Fonte: SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*