DetectAmor, app para o fomento de relacións non machistas

detectamor-1Unha app para a mocidade que axuda a reflexionar sobre a idea de amor e previr a violencia machista.

Na app DetectArmor atopamos por exemplo o chamado “Mitógrafo”, onde o usuario ou usuaria pode ver pares de afirmacións, entre as que ten escoller unha, poñamos por caso “Mostrar celos inxustificados é normal, os celos son unha proba de amor” ou “Mostrar celos inxustificados é incompatible co amor”. Ou elixir por exemplo entre “Amar a túa parella e facerlle dano son incompatibles” ou “Nas relacións ‘quen ben te quere, vaite facer sufrir’”

É un exemplo práctico do xeito en que esta aplicación desafía a mocidade a pensar sobre as ideas preconcibidas respecto do amor e de como son as relacións de parella. Pretende buscar un xeito lúdico de facer ver como unha relación pode non ser de igualdade senón de abuso. Para iso, parte de investigacións realizadas polas administracións onde se poñen de manifesto mitos como os anteriormente mencionados e tratar a partir de aí de sensibilizar, informar e previr contra a violencia de xénero, fomentando as relacións non machistas e baseadas na igualdade.

Con eses obxectivos temos unha decena de actividades educativas como a mencionada ao comezo do artigo, ou por exemplo o “Detectómetro”, que desafía a partir da pregunta “Es capaz de detectar o que parece amor pero non o é?”, retando o alumnado a marcar as ideas erróneas que poida detectar en dúas conversas entre parellas a través dun simulador de whatsapp.

A app foi elaborada pola Asociación Generando para o Instituto Andaluz de la Mujer

A app en Google Play para Android

A app en iStore para iphone

*Só recomendados apps educativas que teñamos probado previamente para asegurarnos de que funcionan e garantir que cumpren as esixencias mínimas de calidade que procuramos

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*