Dispoñibles en galego e en formato interactivo as probas PISA 2015 de ciencias

Dispoñibles en formato interactivo as probas PISA 2015 de cienciasPiscifactorías ou migracións de aves entre os temas cos que se traballan as diversas competencias.

Recoñecer, ofrecer e avaliar explicacións de diversos fenómenos naturais e tecnolóxicos, demostrando a capacidade de recordar e aplicar o coñecemento científico axeitado ou ofrecer hipóteses explicativas; avaliar e deseñar experimentos e preguntas científicas, propoñendo por exemplo xeitos de explorar cientificamente unha cuestión dada; e interpretar datos e probas cientificamente, por exemplo analizando e interpretando datos e tirando conclusións apropiadas, son algunhas das competencias arredor das que xiran as probas dos coñecidos tests PISA.

Na rede poden consultarse polo miúdo e descargar as probas realizadas en cursos anteriores, moitas delas están dispoñibles tamén en formato electrónico.

Entre as últimas dispoñibles en formato interactivo, as das áreas de ciencias no ano 2015, que poden ser realizadas e utilizadas nas aulas, tamén en galego, a través das seguintes ligazóns.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*