Sabes a cor do colector? Aprendendo a separar o lixo cos Bolechas

Sabes a cor do colector? Aprendendo a separar o lixo cos BolechasCarlos, Loli, Braulio e Sonia compiten polo diploma “O mellor separador de lixo” nun concurso presentado por Pili Bolechas.

Os simpáticos Bolechas están de volta noutro vídeo de educación ambiental de Sogama, para participar no concurso televisivo “Sabes a cor do colector?”, a través do cal pretenden ensinar aos espectadores como separar correctamente os residuos no fogar para que poidan ser reciclados e, por tanto, convertidos en novos produtos de utilidade, evitando con isto o uso desmedido de recursos naturais, moi limitados debido á acción devastadora do home sobre os mesmos.

Carlos, Loli, Braulio e Sonia exercen de concursantes, estando animados en todo momento por Tatá  e o can Chispa. E á fronte do concurso está Pili, que exerce de flamante presentadora e, antes de pasar á acción, explícalles os tipos de refugallos a depositar en cada un dos contedores de recollida selectiva ubicados nas vías públicas. Así, recorda que o amarelo acolle latas, briks e envases de plástico; que o azul está destinado a facer provisión do papel e cartón; que no iglú verde deben introducirse os envases de vidro (botellas, frascos e tarros), e que tamén hai un recipiente específico para pilas, de gran importancia, toda vez que unha soa pila botón, aparentemente inofensiva, pode chegar a contaminar ata 600.000 litros de auga.

Pola pantalla xigante situada no plató circulan distintos tipos de residuos aos que os concursantes deben asignar o contedor de destino. É o caso dun envase de iogur e unha lata de sardiñas, asociados ambos ao amarelo;  un anaco de papel, vinculado ao azul; unha casca de ovo, ao verde xenérico; e unha botella de vidro, ao iglú verde.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*