Inicio » Actualidade » Coas mans na terra, empoderando o rural

Coas mans na terra, empoderando o rural

Coas mans na terra, empoderando o ruralX Encontro de Debate sobre o Medio Rural na procura dun plan de educación específico.

A escola rural, se está inserida no seu medio e é permeable á cultura comunitaria, pode ser entendida como un laboratorio pedagóxico capaz de promover experiencias de alto valor profesional para as e os docentes e moi valiosas para as comunidades onde se asenta. Estes encontros son unha iniciativa singular de Nova Escola Galega que comeza en 2006, ano a partir do cal se teñen desenvolvido nove edicións, que retoman a xeira doutros catro Encontros realizados nos últimos anos oitenta. Estes foros interdisciplinares pretenden achegarlle ao profesorado, á comunidade educativa e á sociedade no seu conxunto reflexións sobre a historia, a actualidade e o futuro do medio rural galego.

O evento en 2017 terá lugar no parque temático do mundo rural “Aldea Nova”, Sedes (Narón) 31 de marzo, 1 e 2 de abril de 2017. Organizan: grupo de educación no rural de Nova Escola Galega e Concello de Narón. Colaboran: colectivo Fororuralgalicián, colectivo Ateneo Aldeán de Sedes (Narón), asociación de veciños/as Rosa dos Ventos de Sedes, CRA de Narón, ANPA do CRA de Narón. A inscrición permanece aberta deica o 27 de marzo.

Obxectivos

  • Constituírse como punto de encontro de todas aquelas persoas interesadas polo presente e polo futuro do medio rural galego e da súa educación.
  • Ofrecer alternativas de creación cultural, desenvolvemento comunitario, didáctica escolar e planificación educativa, centradas no medio rural.
  • Presentar o proxecto de desenvolvemento rural de Aldea Nova como referente sociocomunitario e socioeducativo dentro das zonas galegas próximas á unha cidade.
  • Configurar un grupo de acción, que coordine e integre iniciativas xa impulsadas por outros colectivos, que se mobilice e demande da administración autonómica unha mellor atención e coidado da educación na zona rural.
  • Análise da situación da escola no medio rural e procura de alternativas encamiñadas á elaboración dun plan específico de educación no rural.
  • Poñer en valor o potencial da pedagoxía Freinet na procura doutros modelos educativos, adaptados a contextos rurais.

Homologación: está solicitada como actividade de formación do profesorado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con 15 horas de formación.

Sede do Encontro: Parque temático do mundo rural “Aldea Nova”, Lagoela s/n, parroquia de Sedes, concello de Narón (A Coruña).
Destinatarias/os: profesionais e estudantes dos eidos da educación ou do desenvolvemento rural, familias, ANPAS e calquera persoa preocupada polo futuro do medio rural, tanto de Galiza como de fóra

Máis información e programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*