Como lucirían na actualidade os seus personaxes? Concurso ‘Andersen Hoxe’!

Como lucirían na actualidade os seus personaxes? Concurso ‘Andersen Hoxe’!Certame para alumnado de Primaria e Secundaria.

Cada 2 de abril conmemórase o nacemento do famoso escritor de contos Hans Christian Andersen, data sinalada no calendario para celebrar en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Ao fío desta xornada, a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) convoca un certame para o que, antes desa data, xa poden enviarse propostas.

BASES:
1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca.
2. Escoller un personaxe dun dos contos de Andersen que lesen.
3. Facer un debuxo dese personaxe tal e como o imaxinaría Andersen se estivese a escribir o conto na actualidade. Valorarase a orixinalidade, así que non deben copiarse ilustracións!
4. O debuxo deberá ir acompañado dun breve texto manuscrito (coma se fose para twitter), que non exceda os 140 caracteres, explicando o motivo polo cal o participante escolleu ese personaxe e as súas características. O formato dos traballos será de 17×12 cm (Aquí podedes descargar unha plantilla)
5. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar, así como o nome do profesor/a ou bibliotecario/a, o enderezo e o teléfono do centro e un correo electrónico de contacto.
6. Deberán figurar tamén os datos do libro do cal elixiron o personaxe, por se non coincide co título do libro.
7. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría, segundo o seu bo criterio, e entregalos directamente ou ben remitilos por correo postal ou por correo electrónico antes do día 2 de abril aos seguintes enderezos, en función da súa residencia e/ou o seu ámbito lingüístico. No caso galego, o enderezo é:

Gálix. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707. Santiago de Compostela. galix@galix.org

8. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito lingüístico:

  • Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
  • Lectores Avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)
  • Superlectores (1º e 2º de Secundaria)

9. Cada un dos premios estará dotado cun diploma e lote de libros para os premiados e a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os traballos.
10. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das seccións da OEPLI.
11. O fallo do Premio terá lugar no mes de maio e a entrega organizarase a través das seccións da OEPLI.
12. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez fallado o concurso. A OEPLI poderá usar os debuxos gañadores en diferentes soportes e usos relacionados co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, previa autorización dos proxenitores/titores, sen que iso dea dereito a retribución algunha para os concursantes.
13. A presentación de orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade con estas bases.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*