Inicio » Igualdade » “IgualMente. Sexualidade e Igualdade de Xénero”, concurso de viñetas

“IgualMente. Sexualidade e Igualdade de Xénero”, concurso de viñetas

Certame da Deputación para alumnado de 12 a 18 anos.

Esta convocatoria da área de Igualdade da Deputación ten como obxectivo contribuír á “reflexionar, concienciar e mudar as mentalidades” entre a mocidade. Nesta súa oitava edición, o Concurso de Viñetas quere de xeito concreto promover a reflexión sobre a “importancia de gozar de relacións afectivas e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidade de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Segundo explicou durante a súa presentación a deputada responsábel da área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, a iniciativa forma parte dun programa de actividades destinado a “construír un mundo sen discriminación e sen machismo”.

Cada participante poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e composta por unha ou , como máximo, seis viñetas cun fío condutor. A temática irá desde as diferenzas entre sexo e xénero, estereotipos nas relacións, roles de xénero, relacións de parella igualitaria, diversidade afectiva-sexual, orientacións sexuais, ou identidades. O concurso contempla dúas convocatorias, unha para participantes de entre 12 e 14 anos e outra para 15 e 18. O prazo de presentación é de 30 días naturais -ata o 12 de abril- desde a publicación no Boletín Oficial Provincial (BOP) que foi o pasado luns 13 de marzo. As bases completas pódense consultar no BOP.

Velaquí unha das viñetas premiada na edición anterior:

Sexualidade e Igualdade de Xénero", concurso de viñetas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*