Enreguéifate!

Enreguéifate! Certame de regueifas para as escolasO certame permanece aberto deica o 30 de abril.

Para participar no certame “Enreguéifate” organizado polo Concello de Santiago hai que gravar un vídeo regueifando (de non máis de tres minutos), no que participen un mínimo de dúas persoas.

O prazo para presentar os traballos vai do 1 ao 30 de abril. Pódese participar nas categorías escolar, para o alumnado de centros educativos galegos non universitarios, ou xeral, para calquera persoa.

Regueifesta

O 12 de maio, na Regueifesta organizada no Auditorio de Galicia, coñeceremos as pezas gañadoras nas diversas categorías: a regueifa máis brava, a máis aguda, diversa, reivindicativa, a mellor cantada ou a mellor falada. Aló estarán regueifeiros e regueifeiras “vellos e experimentados”, pero tamén xente nova que empeza a traballar na improvisación oral en galego.

A orixe da iniciativa, segundo explica Manolo Maseda, un dos promotores, é un proxecto “lingüístico e activista, que ten a súa orixe no eido educativo, da man da Asociación Oral, e en dous institutos de Baio e Vila de Cruces”.

Por outro lado, realizáronse obradoiros de regueifa xa no CEIP Fontiñas e no IES Antonio Fraguas e os días 21 e 28 haberá obradoiros no IES Xelmírez I, e os días 4 e 5 e maiono CEIP Apóstolo Santiago.

Aquí as bases e toda a información na web do proxecto Enreguéifate

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*