Inicio » Actualidade » III Xornadas de Educación e Cultura Tradicional

III Xornadas de Educación e Cultura Tradicional

III Xornadas de Educación e Cultura TradicionalOrganiza Nova Escola Galega. En Lodoselo, os días 6 e 7 de maio.

Na procura de reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial e abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura, ten lugar unha nova edición destas Xornadas de Educación e Cultura Tradicional. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta. Tratarase de achegar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.

Obxectivos da actividade

– Coñecer diferentes iniciativas anovadoras que se están dando no rural e que están axudando a dinamizar a nosa cultura popular.
– Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tradicional e a súa relación co entorno.
– Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
– Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.

Programa
Ficha de Inscrición

(Actividade con 12 horas de formación homologada)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*