VI Carreira Solidaria Corre con Implicadas

VI Carreira Solidaria Corre con ImplicadasO 30 de abril en Oleiros.

Implicadas No Desenvolvemento organiza, por sexto ano consecutivo, o domingo 30 de abril ás 11:30horas, a VI Carreira Solidaria. Será coa colaboración do Concello de Oleiros, da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia, DJ Dani, Masaje Ayurédico Piero Piga, Ambulancias Apóstol, Club Running Oleiros e Cronotec.

Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta VI edición de Corre con Implicadas.

LUGAR: Todas as categorías sairán do aparcamento de Inef (Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas. DISTANCIAS: de 100m a 5,2Km
INSCRICIÓNS: Ata o mércores 26 de abril ás 20:00 horas, nesta ligazón. A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “Erradicación do infanticidio feminino”, en Salem, e “Empoderamento de mulleres II”, en Tiruchy.

Inscricións, horarios e percorridos, na seguinte ligazón: http://www.cronotec.es/informacion-2.html

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*