Imaxinar a educación. 50 anos con Frato

Imaxinar a educación. 50 anos con FratoExposición no Pazo da Cultura de Pontevedra. Deica o 11 de xuño.

Educar non é unha tarefa fácil. A educación necesita unha reflexión constante e unha renovación permanente e para iso é moi conveniente dispoñer de espellos que devolvan a imaxe do que non se fai ben. O humor é un dos espellos máis importantes. É o que, desde hai medio século, vén facendo Frato.

As súas viñetas reflicten, sempre desde a perspectiva das nenas e nenos, os erros e as contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas. A exposición “Imaxinar a educación. 50 anos con Frato” é unha invitación a pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio. E ao mesmo tempo é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír.

Francesco Tonucci é un investigador e pedagogo italiano nado en Fano o 5 de xullo de 1940. En 1966 realizou os seus primeiros debuxos de carácter pedagóxico e desde 1968, co heterónimo de Frato, comezou un traballo gráfico sistemático coa intención de expoñer o seu pensamento educativo a través de viñetas e debuxos. Unido ao Parque das Ciencias desde a súa orixe, como fonte de inspiración e como impulsor da súa creación, agora volve ao museo para mostrar a través desta exposición o seu concepto da educación baseado no respecto e a escoita das nenas e nenos e no valor da participación para fomentar a aprendizaxe e promover a curiosidade.
O seu traballo é moi valorado internacionalmente e tamén en España e en Andalucía, onde se lle outorgou a Medalla de Ouro ao Mérito en Educación no ano 2012.

Horario de visita:
Luns: 10:00 – 14:00 h
Martes – venres: 10:00 – 14:00 h / 17:00 – 20:00 h
Sábados: 11:00 – 13:30 h / 17:00 – 20:00 h
Domingos e festivos: 11:00 – 14:00 h

Entrada libre

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*