Inicio » Actualidade » I Edición de proxectos de innovación educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia

I Edición de proxectos de innovación educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia

A Universidade de Santiago mantén aberto ata o 2 de xuño o prazo de presentación de propostas.

Esta iniciativa da Universidade de Santiago pretende impulsar procesos de cambio e innovación educativa sustentados nas tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento para a procura da excelencia na docencia e a proxección internacional da USC. O crecemento da formación masiva en liña (MOOC) e doutras formas de ensinanza semipresencial e en liña é un dos factores clave recoñecidos na Estratexia para a internacionalización das Universidades Españolas 2015-2020.

Trátase de que o profesorado amplíe a súa formación no uso de ferramentas TIC na docencia coa finalidade de favorecer o desenvolvemento das titulacións de carácter semipresencial e en liña,  apoiar as actividades docentes de carácter presencial e contribuír á difusión do coñecemento.

Con esta intención, esta primeira edición ábrese para proxectos de innovación docente en tres modalidades: creación de cursos en liña abertos e masivos (MOOC), creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento” e desenvolvemento de iniciativas de innovación docente a través do Campus Virtual.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*