Recicla o teu presente, Recicla no futuro

Nenas e nenos, auténticos axentes de cambio no compromiso ambiental dos fogares.Nenas e nenos, auténticos axentes de cambio no compromiso ambiental dos fogares.

Un cativo que cada día sae da súa casa, equipado coa súa bicicleta e remolque de madeira no que recolle os residuos que os veciños da súa urbanización deixan tirados en calquera sitio ou que non depositan nos contedores axeitados… Apenas un minuto de duración desta peza protagonizada por un neno, e no que se pon de relevo  a importancia que ten contribuír ao reciclado, e coa que Sogama lle fai homenaxe aos pequenos da casa no Día Internacional da Reciclaxe para enxalzar así  o importante   papel que estes xogan de forma permanente no proceso de construción dun mundo próspero e sostible.

Como verdadeiros embaixadores dunha xestión máis sostible dos residuos, a súa tarefa educativa esténdese a todos os ámbitos: desde as propias escolas ata os fogares, centros de lecer e contorna social máis inmediata. Calquera escenario lles resulta válido para chamar a atención dos  maiores sobre a necesidade de aplicar cada día o principio dos tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar)  e lograr con isto un medio ambiente máis limpo e saudable. En xogo está a súa vida, pero tamén a vida das próximas xeracións. O respecto, a xenerosidade, o compañerismo e  a solidariedade, constitúen, entre outros, algúns dos valores que os profesores traballan nas aulas para formar a futuros adultos responsables, consecuentes, rigorosos, leais e fieis a ese gran reto de contribuír a preservar o medio ambiente, hoxe e mañá.

“Recicla o teu presente, recicla no futuro”: Con este lema, apela Sogama á necesidade de cambiar condutas no presente e incorporar bos hábitos no futuro para formar parte dunha xeración vinculada a un novo modelo de desenvolvemento, o da economía circular, no que conceptos como aproveitamento, reutilización, reparación, redeseño e reciclaxe teñan cabida, abandonando o caduco sistema de economía lineal dominado polas malas prácticas de producir-usar-tirar.

 

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*