‘Berrando ao mundo’

‘Berrando ao mundo’Volume da Fundación Juan Soñador co obxectivo de promover a educación en igualdade na adolescencia.

O proxecto “Berrando ao mundo” é unha iniciativa da Fundación Juan Soñador, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, para a intervención con adolescentes, mozos e mozas en risco de exclusión social para o fomento da igualdade.

Ao abeiro desta iniciativa, en decembro de 2016 leváronse a cabo distintas xornadas de formación cos profesionais que traballan con menores, como o persoal técnico dos centros de menores, dos CIM ou dos servizos sociais municipais.

O libro recentemente presentado, de carácter fundamentalmente práctico, inclúe numerosas actividades para aquelas persoas interesadas en traballar sobre igualdade de xénero con adolescentes e é o resultado dos obradoiros realizados con adolescentes pola Fundación nesta materia.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*