‘Cantar de emigración’ e ‘Cheguei a Fisterra’, as pezas gañadoras do certame da Casa-Museo Manuel María

‘Cantar de emigración’ e ‘Cheguei a Fisterra’, as pezas gañadoras do certame da Casa-Museo Manuel MaríaPublicados os vídeos gañadores e participantes do concurso de videopoemas organizado pola entidade.

O xurado, do primeiro Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, elixiu por unanimidade como videopoemas gañadores ‘Cantar de emigración’ de Carla López e Carla Díaz, do IES Pinguela de Monforte de Lemos, e ‘Cheguei a Fisterra’ de Noa Fernández, do IES David Buján de Sigrás-Cambre.

Tamén outorgou unha mención honorífica para o videopoema de Gloria Guindos Bretones, do IES David Buján de Sigrás-Cambre, que leva por título ‘Negra Sombra’.
Durante unha xornada especial a pasada fin de semana, proxectáronse todos os videopoemas seleccionados finalistas, un total de 10 de entre os 70 vídeos presentados no concurso, nun evento que incluíu tamén un espectáculo de maxia que levou a cabo o ilusionista David Méndez.

Velaquí todos os vídeos

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Fase final do Concurso de Videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*