Inicio » Actualidade » A baixa autoestima predispón á adicción ao móbil nos menores

A baixa autoestima predispón á adicción ao móbil nos menores

A baixa autoestima predispón á adicción ao móbil nos menores Hai catro trazos fundamentais para que apareza esta adicción. Hai catro trazos fundamentais para que apareza esta adicción.

O rápido desenvolvemento que experimentou a tecnoloxía nos últimos anos fixo variar os hábitos das persoas, especialmente en canto ao uso dos teléfonos intelixentes. Algúns estudos mostran como en países como Estados Unidos, un 92% dos adolescentes conéctanse ao móbil cada día, e un 24% destes din que están en liña case de forma constante.

De feito, o número de móbiles superou por primeira vez a poboación mundial, e España colocouse como líder en Europa no mercado de smartphones.

Neste contexto, os investigadores Joan Boada, Lídia Argumosa e Andreu Vigil, do grupo do departamento de Psicoloxía da Universidade Rovira i Virgili (URV), levaron a cabo un estudo entre alumnado de Bacharelato e universitarios que indica que existen variables da personalidade que predispoñen a padecer adicción aos smartphones.

O traballo, o primeiro que se leva a cabo a nivel estatal, mostra que hai catro trazos fundamentais para que apareza esta adicción: o que máis destaca por encima de todos é a baixa autoestima, seguido dun grao elevado extraversión, e pouco nivel de responsabilidade e de estabilidade emocional.

Para chegar a estas conclusións, os investigadores realizaron enquisas de avaliación a perto de 250 estudantes, que incluían un test de autoestima e outro de personalidade. Estas características da personalidade, ademais, teñen carácter acumulativo, polo que persoas con baixa autoestima e pouca estabilidade emocional terán máis predisposición a padecer esta adicción que outras que sexan extrovertidas, por exemplo.

Unha vez avaliados os estudantes, agora os investigadores queren ampliar a investigación sobre esta adicción ao ámbito laboral.

Fonte: URV

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*